Parabéns a todos e todas¡¡¡¡¡¡¡
Como vós viñemos dicindo ó longo dos tres meses as mestras deste programa, o esforzo, o traballo, a constancia e a perseverancia ó final dá os seus froitos, que se viron reflectidos nesta convocatoria das probas libres de setembro para a obtención do título de Educación Secundaria Obrigatoria, cuns resultados moi satisfactorios.
O alumnado que conseguiu ser titulado nesta convocatoria, so darlle as nosas felicitacións e animalos a que continúen formandose para poder ter un abanico máis amplo a nivel profesional, e sentirse máis satisfeito a nivel persoal.
Os que vós quedastes as portas da obtención do título da ESO, so animarvos a que sigades, porque como di o refrán » o que o segue, o consegue».
O mérito so o tendes vós por realizar un esforzo tan grande en tan pouco tempo.
Un saúdo das mestras do Programa de Redución do Abandono Escolar.