ESCOLA PARA ADULTOS
Ten como obxectivo fundamental acadar a titulación de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, proporcionando o material necesario para levar a cabo unha formación con éxito.
Os contidos serán entre outros: formación en técnicas e métodos de estudo, prácticas a través da lectura de textos literarios, elaboración de resumos, esquemas, mapas conceptuais, etc.; adquisición dos obxectivos mínimos e as competencias básicas nas materias instrumentais. Realización de actividades de comprensión e exercicios gramaticais.
O perfil dos participantes neste caso serán adultos entre os 16 e os 24 anos que non obtiveron o título da ESO.
NOTAS MAIO 2015
AS RECLAMACIÓNS SON DENDE O 11/6 ATA O 17/6.
MOITO ÁNIMO