NOVAS

Os temas 6 e 7 do Ámbito Social xa os tendes dispoñibles no vínculo de Escola para Adultos.

O obradoiro de Formación e Orientación Académica estará dispoñible en breve no vínculo de Obradoiros.

Debido a que tivemos que acudir a unha charla improvista o día 06/07/2012, quedaron cousas ou detalles no tinteiro, asique se hai calquer dúbida, podedes preguntala a través do mail do programa: praemorana@gmail.com, neste blog ou directamente en clase.

Un saudiño.

Ámbito Social

Xa tendes dispoñible o Tema 1 : A TERRA I, no vínculo de Escola para Adultos.

Os que non entregastes o esquema, recollereinos o Martes  19 de Xuño.

Moito ánimo.

Un saúdo, Andrea.

Obxectivos do PRAE

Os obxectivos que se queren acadar con este programa van en función das actividades que se impartirán ao longo dos tres meses de duración.

En xeral as repercusións das actividades a nivel global poderían ser:

  • Motivar ao alumnado na materia que se está a impartir.
  • Mellorar o vocabulario e compresión lectora.
  • Establecer horarios dedicados ao estudo.
  • Menor absentismo escolar e reducir o abandono escolar.
  • Preparar ao alumnado maior de 18 anos para obter o título de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Ampliar os recursos e traballar habilidades sociais.
  • Mellorar a relación do alumnado-familia.
  • Coñecer o abano de posibilidades académicas e formativas, tanto a nivel formal como non formal.
  • Traballar coas novas tecnoloxías co obxectivo de obter unha aprendizaxe significativa, autónoma e responsable.
  • Recuperar a ilusión por formarse para poder optar a máis saídas profesionais.
  • Adaptar as diferentes áreas aos distintos modelos ou estilos de aprendizaxe, é dicir, unha aprendizaxe inclusiva.