NOTAS DE XUÑO 2015

Boas a todos e todas, en breve teredes o exame da convocatoria de Xuño.

RECORDARVOS:

Exame o VENRES DÍA 29 DE MAIO.

– Chamamento de 8:30 a 9:00 a.m.

– 1º exame: CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO (9:00 A 12:00 horas).

– 2º exame: SOCIAL (12:15 A 13:15 horas).

– 3º exame: LINGÜÍSTICO (16:00 A 19: 00 horas).

Sede puntuales.

COMEZO DUN NOVO CURSO

PROGRAMA DE PREVENCIÓN E REDUCIÓN DO ABANDONO ESCOLAR ANO 2013

BENVIDOS AO NOVO CURSO DO PRAE, ESTE ANO CON MOITAS NOVIDADES, DAS QUE CABE SALIENTAR O SEGUINTE:

  • ESTE ANO SEREMOS MÁIS ALUMNOS POR AULA, PARA QUE TODO O MUNDO TEÑA A POSIBILIDADE DE OBTER O TÍTULO.
  • MATRÍCULA PARA AS PROBAS LIBRES NO CENTRO RIO LEREZ ESTE ANO É DO 1 DE XULLO ATA O 8 DE XULLO, AMBOS INCLUSIVE.
  • ESTE ANO TRABALLAREMOS EN TRES CONCELLOS MÁIS: CALDAS DE REIS, BARRO E PORTAS.
  • COMO NOVIDADE POÑEMOS EN MARCHA A PREPARACIÓN DOS MÓDULOS ESPECÍFICOS DO FP DE ASISTENCIA EN ACTIVIDADES E EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS.

 

A INSCRICIÓN SERÁ NO CONCELLO DE MORAÑA DE 9:00 A 14:00 HORAS OU NO TELÉFONO 986 55 30 05.

PARABÉNS A TODO Ó ALUMNADO

Parabéns a todos e todas¡¡¡¡¡¡¡

Como vós viñemos dicindo ó longo dos tres meses as mestras deste programa, o esforzo, o traballo, a constancia e a perseverancia ó final dá os seus froitos, que se viron reflectidos nesta convocatoria das probas libres de setembro para a obtención do título de Educación Secundaria Obrigatoria, cuns resultados moi satisfactorios.

O alumnado que conseguiu ser titulado nesta convocatoria, so darlle as nosas felicitacións e animalos a que continúen formandose para poder ter un abanico máis amplo a nivel profesional, e sentirse máis satisfeito a nivel persoal.

Os que vós quedastes as portas da obtención do título da ESO, so animarvos a que sigades, porque como di o refrán » o que o segue, o consegue».

O mérito so o tendes vós por realizar un esforzo tan grande en tan pouco tempo.

Un saúdo das mestras do Programa de Redución do Abandono Escolar.

CLAUSURA

O vindeiro venres 07/09/2012 na Casa de Cultura as 17:00 horas poñeremos un  punto e seguido ao Programa de Redución do Abandono Escolar 2011/2012 (PRAE).

O alumnado de 3º e 4º de ESO deberá acudir coas notas da convocatoria de setembro.

Ánimo a todos e a todas

NOVAS

Os temas 6 e 7 do Ámbito Social xa os tendes dispoñibles no vínculo de Escola para Adultos.

O obradoiro de Formación e Orientación Académica estará dispoñible en breve no vínculo de Obradoiros.

Debido a que tivemos que acudir a unha charla improvista o día 06/07/2012, quedaron cousas ou detalles no tinteiro, asique se hai calquer dúbida, podedes preguntala a través do mail do programa: praemorana@gmail.com, neste blog ou directamente en clase.

Un saudiño.